Ir al contenido principal

Práctica 11 (Ciberactivismo)



O ciberactivismo é un fenómeno cultural que promove a participación política e social en medios dixitales, nos cales se organizan foros, exposicións de temas para propoñer solucións, etc. 
A principal vantaxe é poder difundir de forma rápida e masiva a información, xa que, desta maneira é máis fácil reunir á xente para organizar manifestacións e folgas. Isto ten como fin poder cambiar problemas actuais que a moita xente lles parece inxusto. Porén, o problema disto, é que moita xente só se
Resultado de imagen de que es el ciberactivismolimita a difundir ou reenviar a información, que a pesar de que isto tamén é importante, non axuda todo o que  debería. Por iso, a maneira máis eficaz de que isto teña efecto é indo a manifestacións. O outro día boteille un vistazo a páxina de change.org e atopei unha petición que me resultou moi interesante, xa que é un tema que me parece bastante serio, este tema é o un transtorno alimenticio: a anorexia. Moita xente padece este tipo de enfermidade. Esta enfermidade provoca que a persoa perda pouco a pouco peso, ata o punto de que poida morrer. Penso que a este tema non se lle da demasiada importancia, pero é un tema que se debería de resolver, xa que, en parte, a culpa de que haxa xente con estes transtornos o ten a nosa sociedad,por difundir uns ideales de belleza imposibles. Por exemplo, sempre que vemos páginas de roupa e vemos a modelos exageradamente delgadas que apenas teñen grasa, e por desgracia a moita xente acabaselle metendo na cabeza que así e como teñen que estar, e como consecuencia a maioría acaba deixando de comer ou reducindo a súa comida para obter eses corpos. O peor disto e que a xente con este transtorno non recibe a axuda correcta, e este problema fai que se agrave máis co paso do tempo ata que se volve irreversible dando lugar á morte. Isto ocorre porque moitos médicos danlle tratamiento pero non se dan conta que a enfermidade é psicolóxica e non física, isto provoca que a xente se recupere durante un período moi pequeno e que acaben recaendo. O problema, é que para obter unidades especializadas en este tipos de transtornos a familia ten que pagar unha tasa, e non todo o mundo se pode permitir pagala. Isto é bastante inxusto, porque considero que todo o mundo ten os mesmos dereitos e non se lle debe de pechar portas a esta xente que sofre este tipo de transtornos, xa non só polo que padece esta enfermidade, si non para os familiares que teñen que sufrir vendo ao seu fillo/a, neto/a,  etc, como se vai apagando pouco a pouco. Considero que estes tratamentos deberían financialo o Estado, xa que pagamos impostos para que se empregue en cousas importantes como esta.
O número necesario de firmas é de 500.000. Cando vin está petición firmeina e compartina polo Facebook aos meus familiares e amigos cercanos, ademais de compartilo polo meu Instagram. Pode que esto non teña resultados a nivel mundial, pero considero que é importante non deixar pasar este tipo de problemas, porque ao mellor eu soa non consigo moito, pero si todos poñemos un pouco da nosa parte e difundimos esta petición pode que nun futuro poidamos cambiar as cousas.

Podes entrar entrar para ver a petición aquí.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Práctica 12 (Audacity)

1. Creación dun ambiente sonoro. Ambientación dunha  Plaia . Usei os sons de  gaviotas ,  mar ,  vento  e  nenos . 2. Creación dunha narración mesturando voz humana e efectos sonoros e/ou música. Lectura do poema Campana de Anllóns de Eduardo Pondal. O poema acompañeino con música. 4. Redeseño dun son. Canción orixinal . Canción editada .